Leiras Pulpeiro e Celso Emilio pechan o ano en “O pazo das musas”

Dec 28, 2012 editor de CEF novas

28-12-2012,SERMOSGALIZA

A revista oral do Museo Provincial de Lugo, “O pazo das musas” pechou o día 27 o ano co número 31 dedicado a Leiras Pulpeiro e Celso Emilio Ferreiro, no fin dun 2012 no que se conmemorou o centenario da morte do primeiro e do nacemento do segundo.

O 2012 uniu a Manuel Leiras Pulpeiro e Celso Emilio Ferreiro na conmemoración dos seus centenarios. Cen anos da morte do mindoniense e do nacemento do celanovés. Desta volta, a revista oral “O Pazo das Musas”xúntaos nunha homenaxe que centra o seu número 31, o derradeiro do ano 2012.

O crítico Armando Requeixo, os xornalistas de Radio Lugo, Paco Nieto e Tania Lombao que falarán de “O son da nosa fala” ou Pilocha, que musicará poemas dos dous autores, son algunhas das persoas participantes da homenaxe. A revista contará tamén coa participación de alumnos e alumnas do IES Leiras Pulpeiro que lerán poemas do autor que lle pon nome ao centro.

Vídeos elaborados por centros escolares máis o recitado popular recóllense tamén no índice da revista, nunha lectura que quedará rexistrada no novo proxecto “Banco de Voces de Radio Lugo” que comeza a andar nesta mesma xornada.

Artigos relacionados


O Documental 100% CEF premiado como mellor documental nos “MESTRE MATEO”
Celso Emilio, hablando de Venezuela
Recordatorio, Iº Premio Celso Emilio Ferreiro de Poemas Musicados