O Documental “100% Celso Emilio Ferreiro” no Centro de Maiores da Fundación Novacaixagalicia (Ourense)


16-12-2013
Texto: Tempo de lecer Ourense

O Centro de Maiores da Fundación Novacaixagalicia acolle o martes, día 17 de decembro, a proxección do documental: 100% CEF, unha biografía de Celso Emilio Ferreiro, de Aser Álvarez. Trátase dun documental que foi realizado para a súa edición na TVG e que repasa a vida e obra deste esritor celanovés. A proxección terá lugar ás 18.00 horas. A entrada é gratuíta.
Neste documental é Luís Tosar quen interpreta a Celso Emilio nas súas paisaxes e tecleando na vella máquina de escribir. Pero ademais desa figura reinterpretada, a longametraxe conta coa opinión de corenta persoeiros que van completando un retrato biográfico e literario para apreixar a complexidade e a amplitude da figura do escritor de Celanova. O documental conta, por unha parte, coas opinións de familiares do escritor e especialistas na súa obra, como os seus biógrafos Xesús Alonso Montero e Ramón Nicolás. Méndez Ferrín, Neira Vilas, pola parte literaria, son voces que se suman á de músicos como Luis Emilio Batallán, Mini e Mero ou Labregos do Tempo dos Sputniks

Artigos relacionados


Esperanza
Celso Emilio, ferreiro das palabras aceirudas (2)
Longa noite de pedra (edición bilingüe). Artigo de Fran P. Lorenzo en El Correo Gallego