Celso Emilio Ferreiro inaugura un ciclo de documentais sobre autores galegos ilustres


05-02-2017

 

TVG

“Cantigas de Celso Emilio preséntanos a poesía social e comprometida do escritor de Celanova, que inspirou a música de numerosos artistas galegos nos últimos anos do franquismo e durante a transición democrática. En concreto, fai un percorrido por unha serie de temáticas coma as “cantigas de irmau”, de liberdade, de denuncia, de maldicir, de amor, do pobo ou da falsa despedida, entre outras, a través de figuras coma os cantantes Xosé Luís Rivas, Xavier González del Valle, Miro Casabella, Uxía Senlle, Serxio García, Luís Emilio Batallán ou Baldomero Iglesias. Tamén recolle os testemuños do escritor e académico Alonso Montero, amigo persoal e biógrafo de Celso Emilio, e da súa dona, María Luisa Moraima Loredo.

 

Artigos relacionados


Inauguración da cuarta tempada de “Poesía de OídAs” – Sesión de diciembre: Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario
Máis de 1.200 alumnos buscaron a “Longa noite de pedra”
“Donde el mundo se llama Celanova y su poeta Celso Emilio Ferreiro”, artigo de Manuel Rico