1912-1936 1936-1940 1940-1950 1950-1966 1966-1973 1973-1979
Álbum fotográfico 1940-1950 (Pontevedra)
C elso Emilio Ferreiro oposita e gaña o posto de secretario e logo de xefe de Xustiza na Fiscalía de Taxas de Pontevedra, onde traballou entre 1941 e 1950. Esta será a época na que escribirá poemas, contos e artigos, integrarase intensamente na vida cultural da cidade e frecuentará os faladoiros do Carabela e do Imperial, entre outros.
Laxeiro e Celso Emilio, licenciados despois de estar os dous na fronte de Asturias da Guerra Civil.
Celso Emilio, de pé o segundo pola esquerda, con Moraima e cun grupo de amigos de vacacións en Sanxenxo en agosto de 1943.
Celso Emilio, o primeiro pola esquerda, Filgueira Valverde, Pache, Luis María Iglesias Vilarelle, Juan Novoa e Ramón Peña na Festa dos Maios de 1945.
Celso Emilio recibindo un premio de mans do seu admirado Aquilino Iglesia Alvariño en 1946.
Xantar de homenaxe a Celso Emilio, sentado o segundo pola dereita, na súa marcha de Pontevedra. Está presente Sabino Torres, con el e con Manuel Cuña Novás fundara a colección de poesía Benito Soto. Pontevedra, 1950 (Foto Graña, Pontevedra).
Fotografía de estudo realizada por Pacheco en Vigo, o 11 de abril de 1953.
Con Xosé María Álvarez Blázquez nas Festas da Peregrina de 1958 (Foto Rodríguez, Pontevedra).
Celso Emilio e Moraima cos seus fillos maiores, Luís e Xosé María, en 1954 (Foto José Tilve).