Obxectivos

A Fundación Celso Emilio Ferreiro ten como obxectivos primordiais promover e defender a cultura galega así como fomentar o coñecemento e a difusión da obra de Celso Emilio Ferreiro tanto no territorio galego como na emigración.

O labor desenvolvido como institución cultural na promoción, fomento e difusión da nosa cultura levou ao goberno galego a declarar esta organización de “Interese Cultural” e de “Interese Galego” no ano 1984.

A Fundación continúa hoxe en día a traballar por manter viva a memoria de Celso Emilio Ferreiro, revalorizar o seu legado literario e renovar o seu compromiso social coa cultura galega a través do tempo. Ademais, a Fundación ten vocación de actuar como axente cultural nas comunidades galegas da diáspora, sobre todo en América Latina, promovendo os principios fundacionais de difusión de valores culturais universais.