1912-1936 1936-1940 1940-1950 1950-1966 1966-1973 1973-1979
Álbum fotográfico 1973-1979 (Madrid)
A primeiros de 1973 retorna a España con destino a Madrid logo de que Álvaro Gil o contrate para traballar na revista Tribuna médica , da que era presidente do consello de administración. De novo son moitas as portas que se lle pechan en Galicia.
Luís Soto, Celso Emilio e Manuel María nunha festa en San Pedro de Rocas (Esgos, Ourense) en setembro de 1973.
Celso Emilio e Basilio Losada na Praza de San Marcos en Venecia, onde acudiran a un congreso de escritores en 1975.
Celso Emilio na súa casa de Madrid con Ernesto Cardenal, a quen aloxou en 1977 cando o poeta nicaraguano veu ofrecer unhas conferencias.
Acto na Aula de Cultura Galega do Ateneo de Madrid, da que era director o poeta. Na mesa, entre outros, Eduardo Blanco Amor, Celso Emilio e Daniel Cortezón. Madrid, 1977.
Fermín Bouza, Bibiano, Celso Emilio e Carme Santos Castroviejo, no acto unitario celebrado o Día da Patria Galega de 1977 na carballeira de Santa Susana en Compostela. © Xurxo Lobato
Celso Emilio, no Día da Patria Galega de 1977, ante unha pancarta que dicía: “Por un goberno galego”. © Xurxo Lobato
Conferencia de Celso Emilio Ferreiro, o cuarto pola esquerda, no Liceo de Artesanos de Monelos en 1978. Aparecen tamén na foto Marino Donega, Raúl Grien, Bocelo, o pintor José Luis e Andrés José Sánchez Díaz.
Imaxe do poeta tomada en Madrid nos anos 70.
Con Moraima e a súa neta Raquel. San Xurxo, 25 de agosto de 1979. Esta é a última fotografía do poeta.
Enterro de Celso Emilio Ferreiro en Celanova, 1979. Parada do féretro ante o busto de Curros Enríquez.