1912-1936 1936-1940 1940-1950 1950-1966 1966-1973 1973-1979
Álbum fotográfico 1950-1966 (Vigo)
E n outubro de 1949 obtén o título de procurador dos tribunais e en setembro de 1950 marcha a Vigo a exercer como tal. Na cidade olívica vai compaxinar o seu traballo de procurador co de accionista nunha oficina de seguros sociais primeiro e co de director dun obradoiro de fotogravado despois.
Celso Emilio, sentado abaixo, o segundo pola esquerda, con Moraima e co poeta e debuxante Xosé Sesto, a esposa deste, Manuel Prego de Oliver e Emilio Álvarez Blázquez, na Praza da Quintana de Compostela, o 25 de xullo de 1955.
Celso Emilio e Moraima na rúa do Príncipe en 1951, cando se instalan a vivir en Vigo (Foto Company, Vigo).
A parella nunha festa do Casino de Vigo (Foto Ramón, Vigo).
Xantar despois da cacería nos Ancares con Xosé María Castroviejo, con quen comparte xeración poética: a do 36. Celso Emilio é o primeiro pola esquerda.
Cerimonia de imposición da Medalla de Salvamento de Náufragos a Celso Emilio na Comandancia de Mariña de Vigo, 7 de marzo de 1955. Entre os presentes está o seu irmán Pepe, Moraima e o seu fillo Luís.
Felicitación de Aninovo coa efixie do propio Celso Emilio. Vigo, 1958.
Baldomero Fernández e Celso Emilio, o segundo pola esquerda, entre outros amigos, fotografados por Eduardo Blanco Amor en Ourense.
Celso Emilio, no centro, a principios dos 60 con Manuel María e Xosé Luís Méndez Ferrín. Os tres escritores, xunto con outros compañeiros, fundaran en 1964 a Unión do Pobo Galego (UPG).
Con Moraima nas Conversacións Poéticas de Formentor, 1959.