Nace Celso Emilio o día catro de xaneiro de 1912 en Celanova, vila que constituirá un elemento axial na súa produción literaria. As longas tempadas que pasaría en Acevedo do Río, nunha magnífica casa familiar que contaba cunha curtidoría tradicional e numerosas terras, marcará tamén a súa memoria da infancia, xunto co ambiente progresista e galeguista no que alentará os seus primeiros anos, pois seu pai pertencera ás Irmandades da Fala.
De pé (esquerda a dereita), L. Freire, M. Montes, X. Rodríguez Gosende, D. León e O. Pérez, da Federación de Mocedades Galeguistas. Sentados, P. Lezón, Celso Emilio e X. F. Álvarez Bernárdez. Celanova-Veiga, 2/05/1935.
Vestido de Primeira Comunión. Celanova, 1920.
Celso Emilio, con case tres anos de idade, xunto á súa irmá Pilar. Trátase da imaxe máis antiga do poeta. Celanova, 15 de decembro de 1914.
Acompañado dunhas amigas e veciñas nunha festa en Celanova.
Celso Emilio, de pé o terceiro pola esquerda, xogaba no Spórting de Celanova de extremo dereito. Celanova, 1929.