A voz de Celso Emilio Ferreiro

Arquivo Sonoro

Os arquivos sonoros que presentamos a continuación ofrécennos a voz de Celso Emilio, gravada nun encontro do poeta co seu público dentro do ciclo “O autor e a súa obra”, celebrado no Ateneo da Coruña o día 28 de xuño de 1978.

Poema musicado por Xulio Formoso, Galicia Canta. Agrupación NOS. Editado por POBOVOX-Caracas 1970.

Poema musicado por Xulio Formoso, Galicia Canta. Agrupación NÖS. Editado por POBOVOX-Caracas 1970.
Nunha cassete que distribuiu clandestinamente o PCE nos anos 70 escóitase a voz de Celso Emilio recitando e, de seguido, esta peza con versos da súa autoría. A gravación editouna en 1972 a Fondazione G. Feltrinelli de Milán.

MC García, de Dios ke te crew, sobre instrumental de Mou, 2007

A seguinte gravación é un poema de Longa noite de pedra que foi incluído, como recitado, no álbum La larga noche del fascismo, editado en casete nos anos setenta.

Este audio corresponde a unha canción interpretada por Xulio Formoso, con letra de Farruco Sesto e acompañándoo co pandeiro o propio Celso Emilio Ferreiro. Editado por POBOVOX-Caracas 1970.

Este poema foi musicado por Xulio Formoso e editado por POBOVOX-Caracas 1970.

O son da máquina de escribir de Celso Emilio, gravada polo propio poeta.