Liña de tempo do seu legado literario

Cronoloxía literaria

  • 1936

    Publica o orixinal proxecto

    Concibido con Xosé Velo, do Cartafol de poesía (Edición de autor), conxunto de poemas que os autores remitían desde Celanova a persoas interesadas na poesía.

  • Edita o seu libro de poemas en castelán

    Al aire de tu vuelo. (Edición de autor).

    1941

  • 1947

    Publica "Bailadas, cantigas y donaires" en Edicións Céltiga,

    un conxunto de poemas neopopularistas prologados por Fermín Bouza-Brey y portada de Ramón Peña.

  • Aparece "Musa alemá" na colección Benito Soto

    escolma de 15 poemas de autores alemáns versionados por Celso Emilio.

    1951

  • 1954

    No terreo do ensaio publica:

    Curros Enríquez. Biografía na Editorial Moret.

  • Dá ao prelo:

    O soño sulagado na Colección Alba. Este ano tamén ve a luz Voz y voto nas Gráficas Numen de Vigo.

    1955

  • 1962

    Publica na Colección Salnés,

    a obra Longa noite de pedra, coa que se consagra definitivamente coma poeta.

  • Este ano aparecen:

    Viaxe ao país dos ananos na Editorial Ciencia Nueva (El Bardo) e mais Cantigas de escarnio e maldecir (NÓS,Caracas), asinada polo seu heterónimo satírico Arístides Silveira.

    1968

  • 1969

    Dá a coñecer "Terra de ningures"

    na colección Val de Lemos da editorial Xistral, dirixida en Monforte por Manuel María.

  • Edita os “13 poemas iracundos y una canción inesperada”,

    separata da revista caraqueña Expediente, como adianto editorial da súa obra Antipoemas.

    1970

  • 1971

    Envía a tradución ao castelán destes antipoemas

    ao IV Premio Internacional de Poesía Álamo de Salamanca e resulta gañador.

  • No momento de ser impresa a obra premiada, os editores censuraron sen permiso do autor dez poemas.

    Como resposta, Ferreiro publicou en Venezuela unha separata co título “Poemas prohibidos. Diez poemas no incluidos en el libro ANTIPOEMAS por causas no imputables a la voluntad del autor”. Ademais, ese mesmo ano ve a luz o libro de relatos A fronteira infinda e mais Autoescolha poética (1954-1972).

    1972

  • 1973

    Publica:

    Os autentes, asinado co nome de Alexis Vainacova, e mais Fóronse á puñeta -co nome de Neskezas Cokhan Mordhe-(Edición de autor), e o libro de epitafios burlescos Cimenterio privado en Edicións Roi Xordo (Xenevra).

  • Ve a luz "Onde o mundo se chama Celanova" en edición bilingüe,

    así como a obra Al César enano, recompilación asinada baixo o pseudónimo de Stow Kiwotto Lumen que recolle unha ducia de versos antifranquistas do poeta escritos entre 1961 e o momento da súa publicación.

    1975

  • 1976

    Premio da Crítica de Poesía Galega

    pola obra Onde o mundo se chama Celanova na Editora Nacional. Edita tamén El Alcalde y otros cuentos con Ediciones Júcar.

  • Publica "Curros Enríquez" :

    Obra poética completa e mais a súa propia Antología bilingüe para Plaza y Janés de Barcelona.

    1977

  • 1978

    Dá a coñecer

    en Ediciós Castrelos A taberna do Galo.

  • Póstumamente aparece "O libro dos homenaxes"

    en Akal Editor, do que entregara o seu orixinal ao seu amigo Xesús Alonso Montero oito días antes de falecer.

    1979