Liña de tempo das súas etapas vitais

Cronoloxía biográfica

  • 1912

    Celso Emilio Ferreiro nace

    o día 4 de xaneiro en Celanova (Ourense).

  • Estuda cos Escolapios

    establecidos no mosteiro de San Salvador de Celanova.

    1919-1929

  • 1932

    Funda,

    co seu amigo Xosé Velo, as Mocedades Galeguistas do distrito de Celanova.

  • Publica o orixinal proxecto,

    concibido con Xosé Velo, do Cartafol de poesía, conxunto de poemas que os autores remitían desde Celanova a persoas interesadas na poesía.

    É designado polo gobernador civil, representante das Mocedades Galeguistas na corporación da Fronte Popular en Celanova, pero Celso Emilio renuncia á acta de concelleiro.

    1936

  • 1937

    É chamado a filas cos mozos da súa quinta e destinado á fronte de Asturias.

    En setembro, tamén en Asturias, coñece á que será a súa futura muller, María Luisa Moraima Loredo.

  • Celso Emilio é destinado

    a Transmisións no edificio de Telefónica en Oviedo.

    1938

  • 1939

    Rematada a guerra,

    retorna a Celanova onde obtén o título de Bacharel.Exerce con Xosé Velo a docencia na súa vila, iniciando por libre estudos de Dereito e Maxisterio.

  • Oposita e gaña o posto de secretario

    e logo de xefe de Xustiza na Fiscalía de Taxas de Pontevedra, onde traballou até 1950.

    1940

  • 1941

    Publica:

    o seu libro de poemas en castelán Al aire de tu vuelo.

  • Casa con Moraima

    o dia 15 de xullo.

    1943

  • 1943-1946

    É redactor xefe na revista Finisterre,

    dirixida por Emilio Canda.

  • Colabora intensamente en Sonata Gallega,

    revista na que coordinará a sección de “Seleccións literarias”.

    1944-1952

  • 1947

    Publica "Bailadas, cantigas y donaires" en Edicións Céltiga,

    un conxunto de poemas neopopularistas prologados por Fermín Bouza Brey e portada de Ramón Peña.

  • Participa nas emisións radiofónicas

    do Galician Programme da BBC de Londres, que coordinaba Francisco Fernández del Riego.

    1948-1949

  • 1949

    Xunto con:

    Sabino Torres FerrerEmilio Álvarez Negreira e Manuel Cuña Novás leva adiante a colección Benito Soto de poesía, primeira empresa editorial que daría a coñecer poemarios en galego na posguerra.

  • En outubro de 1949

    obtén o título de Procurador dos Tribunais e en setembro de 1950 vai para Vigo a exercer como tal.

    1949-1950

  • 1951

    Publica "Musa alemá"

    escolma de 15 poemas de autores alemáns versionados por Celso Emilio e Antonio Blanco Freijeiro.

  • No terreo do ensaio

    publica Curros Enríquez. Biografía na Editorial Moret.

    1954

  • 1955

    Dá ao prelo "O soño sulagado".

    Este ano publica tamén Voz y voto nas Gráficas Numen de Vigo.

  • Ve a luz a obra

    Longa noite de pedra, coa que se consagra definitivamente coma poeta.

    1962

  • 1964

    En xullo cofunda

    a Unión do Pobo Galego.

  • O 15 de maio celébrase unha homenaxe de despedida

    a Celso Emilio antes da súa partida a Caracas. Unha vez alí, na Hermandad Gallega venezolana ocúpase da dirección, redacción e confección do periódico quincenal Irmandade, da dirección e orientación do Cine Clube da sociedade, da dirección e redacción da emisión radiofónica Sempre en Galicia e mais da dirección e orientación da Escola Castelao.

    1966

  • 1967

    Funda

    e preside a Agrupación Nós.

  • En xullo recibe comunicación oficial

    da Hermandad da súa expulsión nunha carta coasinada polo presidente e o secretario xeral. Este ano publica tamén Viaxe ao país dos ananos e mais Cantigas de escarnio e maldecir, asinada polo seu heterónimo satírico Arístides Silveira.

    1968

  • 1969

    En marzo obtén a cidadanía venezolana.

    Dá a coñecer Terra de ningures na colección Val de Lemos da editorial Xistral, dirixida en Monforte por Manuel María.

  • Accede ao posto de corrector de estilo

    no Gabinete de Prensa do daquela presidente de Venezuela, Rafael Caldera. Edita os “13 poemas iracundos y una canción inesperada”, separata da revista caraqueña Expediente, como adianto editorial da súa obra Antipoemas.

    1970

  • 1971

    Envía a tradución ao castelán dos antipoemas

    ao IV Premio Internacional de Poesía Álamo de Salamanca e resulta gañador.

  • No momento de ser impresa a obra premiada,

    os editores censuraron sen permiso do autor dez poemas. Como resposta, Ferreiro publicou en Venezuela unha separata co título “Poemas prohibidos. Diez poemas no incluidos en el libro ANTIPOEMAS por causas no imputables a la voluntad del autor”. Ademais, ese mesmo ano ve a luz o libro de relatos A fronteira infinda e mais Autoescolha poética (1954-1972).

    1972

  • 1973

    A comezos deste ano retorna de Venezuela con destino a Madrid.

    Publica Os autentes, asinado co nome de Alexis Vainacova, e mais Fóronse á puñeta -co nome de Neskezas Cokhan Mordhe- e o libro de epitafios burlescos Cemiterio privado.

  • Dedícase ao Ateneo Científico,Literario y Artístico de Madrid,

    no que desempeñará o cargo de Director da Aula de Cultura na sección de Literatura Galega desde o primeiro de xullo.

    1974

  • 1975

    Publica "Onde o mundo se chama Celanova"

    en edición bilingüe, así como a obra Al César enano, recompilación asinada baixo o pseudónimo de Stow Kiwotto Lumen que recolle unha ducia de versos antifranquistas do poeta escritos entre 1961 e o momento da súa publicación.

  • Premio da Crítica de Poesía Galega

    pola obra Onde o mundo se chama Celanova.

    1976

  • 1977

    Publica:

    Curros Enríquez: Obra poética completa e mais a súa propia Antología bilingüe para Plaza y Janés de Barcelona. Doutra banda, sitúase na órbita do Partido Socialista de Galicia (P.S.G.) e concorre como candidato da fronte multipartidista Candidatura Democrática Galega a un escano de senador pola provincia de Ourense nas primeiras Eleccións Xerais de 1977.

  • Dá a coñecer :

    en Ediciós Castrelos A taberna do Galo.

    1978

  • 1979

    O 30 de agosto falece na súa casa de Vigo

    e o 1 de setembro é soterrado en Celanova. Postumamente aparece O libro dos homenaxes, do que entregara o seu orixinal ao seu amigo Xesús Alonso Montero oito días antes de falecer.