Foto-poesías de Celso Emilio no móbil


A Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova convocan o I Concurso Fotográfico “FOTO-POESÍA-MÓBIL” 2011 en colaboración coa Oficina de Información Xuvenil e a aula CEMIT.

No certame poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos e que posúan un teléfono móbil con cámara de fotos. As imaxes presentadas a concurso terán como motivo central, a poesía de Celso Emilio Ferreiro.  En concreto, os participantes poderán inspirarse nalgún dos seis poemas propostos: “Os meus amigos”, “O meu val”, “O estranxeiro” e “Ourense na lembranza” de Onde o mundo se chama Celanova, “Son un pasmón”  de Longa noite de pedra e “Doce outono” de Viaxe ao País dos Ananos.

As imaxes deberán enviarse á Fundación Curros Enríquez ou ao Concello de Celanova cos datos persoais dos participantes e indicacións do fragmento do poema escollido e o lugar onde foi realizada a fotografía. O prazo de presentación de fotografías será durante todo o mes de outubro. Ao finalizar a recepción, seleccionaranse as imaxes que optarán a un dos tres premios e dous accésit consistentes en diverso material fotográfico aportado por varias entidades colaboradoras da vila de Celanova.

Finalmente, con motivo da colaboración da Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova na organización do ‘Outono fotográfico’ organizado pola Casa de Xuventude de Ourense, organizarase unha mostra con 50 fotografías seleccionadas entre as recibidas que se exporá na Casa dos Poetas ou noutro espazo acondicionado polo Concello de Celanova durante a segunda quincena do mes de novembro.

Artigos relacionados


Inauguración da cuarta tempada de “Poesía de OídAs” – Sesión de diciembre: Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario
Castelao e noso
Recital poético en homenaxe a Celso Emilio Ferreiro na Universidade Complutense de Madrid