A súa obra, sen parangón, sufriu unha persecución implacable

Jan 24, 2012 editor de CEF novas

 

Pasado o tempo, Celso Emilio Ferreiro segue a ser unha figura senlleira, coñecida e recordada, pero os ananos que o perseguiron desapareceron para sempre sen deixar rastro.

Mesa redonda no Club Faro de Vigo. Co gallo do Ano Celso Emilio celebrouse onte día 24/01/2012 unha mesa redonda coa intervención do profesor Ramón Nicolás(biógrafo de Celso Emilio), Luis Ferreiro (Director da Fundación Celso Emilio Ferreiro) e Isabel Ferreiro (Filla do poeta). Actuou como mderador Manuel Bragado (Director de Edicións Xerais). 

Con estas verbas, ditas ao fin da súa intervención no Club FARO, Luis Ferreiro puña o colofón á “longa noite de pedra” que vivira o sea pai e a xusticia que lle recoñoceu o paso do tempo. “Vigo e Celso Emilio Ferreiro” foi onte a razón de que se reunirán nunha mesa Luis Ferreiro, a súa irmán Isabel e Ramón Nicolás Rodríguez, biógrafo do poeta que este ano cumple o centenario do seu nacemento. `’Ò ano de Celso Emilio’, según dictamimou a Xunta de Galicia. O acto, ao que non puido asistir a última hora como ponente Méndez Ferrín, presidente da RAG, foi presentado por Manuel Bragado, director de Edicions Xerais. Foi Bragado, nese preámbulo, quen suliñou o vencellamento do poeta coa cidade e co propio FARO, no que publicou de 1949 a 1977 de forma intermitente un centenar de artigo- “O seu traballo xornalístico –dixo– coincidiu coa vocación literaria do decano, daquela dirixido por Leal Insua… que abriu os pregos daquel desordenado FARO ás columnas literarias de escritores galegos como Cunqueiro, Ánxel Fole ou Pedrayo”. Falou despois o fillo, Luis Ferreiro, recorrendo a vida do pai desde que, nos tempos da República, aínda mozo, participa activamente nos movementos nacionalistas que desembocan na creación das Mocedades Galeguistas. “Desde o punto de vista que eu chamaría existencial  a obra e vida de Celso Emilio divídese en dúas etapas vencelladas a dous libros: Longa noite de pedra e Viaxe ao país dos ananos”.Refiriuse Ferreiro a cronoloxía da vida do poeta, a chegada da guerra civil na que para él comenza a “longa noite de pedra”, o seu compromiso político na oposición con enfrentamentos cos herdeiros do galeguismo histórico…. Con problemas económicos derivados da súa actividade política e tendo a Brigada político Social detrás dil, decide emigrar a Venezuela onde un grupo de amigos que daquela dirixían a Hermandad Galega danlle traballo”. Moita foi a labor desenvolta por él como director de Cultura da Hermandad Galega, según contou o seu fillo, cun traballo de axitación e propaganda cultural pero tamén política. Pero aos dous anos de chegar arriba á Xunta Directiva unha lista que “leva o peorciño do feixismo militante, apoiada pola Embaixada española”. Despedido, comenza outra etapa que será o alimento nutricio dese outro libro seu senlleiro, “Viaxe ao País dos Ananos”. Viría despois no turno da palabra, o biógrafo, Ramón Nicolás, que falou da súa experencia con Celso Emilio desde que o descubriu de mozo. “Non lle coñocin persoalmente pero o que me uniu a Celso Emilio foi a lectura da súa obra… e quedou en min a música daqueles versos, unha actitude ética concreta, unha voz transparente e limpa… De aí en adiante a bola de neve comenzou a medrar…” Nicolás foi recorrendo a pasos axigantados pero cunha exposición rica en datos e sentimentos a vida do poeta desde o seu nacemento en Celanova, as correrías infantís polas rúas desa vila, a actividade política xuvenil no galeguismo, os primeiros artigos “incendiarios”, os iniciais pasos como poeta dados no FARO ou no Heraldo de Galicia, a chegada da guerra civil, a aparición da muller, Moraima “para sempre”, a súa vida na posguerra en Pontevedra e despois en Vigo, a persecución policial… E a súa marcha a Venezuela. “Souben dos tempos de Caracas, dese comenzar unha nova vida con 54 anos, do seu traballo alí, da expulsión… desveláronseme as angueiras cotiás, a implacable persecución a que foi sometida a súa obra literaria, a sorpresa que lle supuxo que esa obra fora clave para o éxito da Nova Canción Galega que proxecta a súa poesía a límites insospeitados”.

Artigos relacionados


Inauguración do mural de Celso Emilio no IES de Chapela
María Soliña, poema de Celso Emilio interpretado por Amancio Prada
Vigo e Celso Emilio Ferreiro. Club Faro de Vigo