Celso Emilio Ferreiro poeta universal. Monográfico en “La Voz en Espiral” de Radio Fórum-Mérida

Jan 25, 2012 editor de CEF novas

O programa radiofónico «La Voz en Espiral«, emitido por Radio Fórum de Mérida e dirixido e presentado por Suso Díaz e Maripaz Paz dedicou a  totalidade da súa entrega, o pasado martes día 24 de xaneiro, a Celso Emilio Ferreiro. Os directores do programa, os galegos Suso Díaz e mais Maripaz Paz, entrevistaron a  Luís Ferreiro, Ramón Nicolás e Aser Álvarez, e ao cantautor extremeño Miguel Ángel Gómez Naharro, que musicou e interpretou en lingua galega o poema «Eiquí será».

O programa pódese escoitar nesta ligazón:  celsoemilioferreiropoetauniversal-vozespiral-ivoox1011102 ou no blogue de La Voz en Espiral: http://lavozenespiral.blogspot.com/

Artigos relacionados


Documental sobre a obra de Celso Emilio Ferreiro TVG
RECITAL POÉTICO-MUSICAL NO CENTENARIO DE CELSO EMILIO FERREIRO
17 de maio. Letras galegas en Madrid

Comentarios (2)


Os comentarios están pechados para este artigo