RSS Novas
+ Novas
- Presentación do libro “Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro” na Feira do Libro de Lugo
- Homenaxe a Celso Emilio no CPI A Picota (Mazaricos)
- Presentación do documental 100% CEF na Academia de Cine
- Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro do IES Fernando Wirtz de A Coruña
- Ramón Nicolás gana o premio da AELG polo libro “Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro”
Histórico de publicacións
Feb
28
2012
En xullo de 1951, celebrouse unha pelegrinaxe polos lugares vinculados á vida de Rosalía de Castro. Participaron nela as máis egrexias personalidades da cultura galega daquel tempo (Ramón Cabanillas, Otero Pedrayo, Paz Andrade, Gómez Román, Martínez Risco, Manuel Casás, Ramón Piñeiro, García Sabell e Fernández del Riego, entre outros), ademais de centos de galegos anónimos que lles uniron de xeito espontáneo.
Os actos rosalianos proseguiron en Compostela os días 24 e 25 de xullo daquel mesmo ano, coa presencia de dona Gala Murguía. Todo aquilo deu orixe a unha película, con guión de Celso Emilio Ferreiro.
