Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro na inauguración do Local da SAF

Feb 11, 2012 editor de CEF novas

Celso Emilio Ferreiro, recibirá neste serán unha homenaxe especial da Sociedade Artística Ferrolana co gallo da celebración do Ano Celso Emilio. Este recital poético, terá lugar dentro dos actos de inauguración do primeiro local propio da SAF en mais de corenta anos de existencia, un baixo sito na rúa Magdalena 14. Asistirá o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela.

O acto comenzará ás oito do serán cunhas verbas do presidente da sociedade, Ricardo Díaz-Casteleiro e a intervención do xornalista Ramón Loureiro, intervindo despois os poetas invitados, Aurora Varela, Francisco Vila e mais Marcelino Sisto Deibe.

Ferrol 11 de febreiro ás 20 horas.

Artigos relacionados


CELSO EMILIO FERREIRO, Poesia, Música e Cine
Celso Emilio Ferreiro, protagonista dunha unidade didáctica dixital para rapaces de primaria e secundaria
“NON”, poema de Celso Emilio interpretado por Javier Prado