Dun tempo e dunha Terra

May 3, 2012 editor de CEF novas

Antoloxía da obra poética de Celso Emilio Ferreiro con prólogo de Gonzalo Navaza e ilustracións de David Pintor. Unha edición de EDELVIVES onde a ilustración axuda a enxalzar a voz do poeta. Os poemas que se recollen son tirados de: 11 de O soño sulagado, 21 de Longa noite de pedra, 4 de Viaxe ao País dos Ananos, 2 de Antipoemas, 1 de Terra de ningures, 5 de Onde o mundo se chama Celanova, 1 de Cantigas de escarneo e maldecir e 1 de Cimenterio privado.

Afirma Navaza no seu prólogo:

 Longa noite de pedra ábrese cunha cita do italiano Salvatore Qusaimodo: “Ser dun tempo e dunha terra. Eis o segredo da poesía máis humana e verdadeira”. A poesía de Celso Emilio Ferreiro atense a ese principio. Por máis que na súa obra atopemos outros temas e rexistros, foi sobre todo a súa poesía social, nacida do compromiso co seu tempo e a súa terra, a que lle valeu o recoñecemento dos seus contemporáneos

Artigos relacionados


Celso Emilio, “Eiquí será” poema interpretado por Xosé Quintas Canella
Acto de presentación da edición facsimilar de LF.
Xosé Lastra presenta no Concello de Lugo o seu libro sobre Celso Emilio Ferreiro