RECITAL POÉTICO-MUSICAL NO CENTENARIO DE CELSO EMILIO FERREIRO

Jun 29, 2012 editor de CEF novas

Hoxe  29 de Xuño do 2012 as 20:00 horas na  Fundación Novacaixagalicia de Lugo.
Programación do ciclo Galicia Classics, que este venres 29 chega a Lugo co recital poético-musical Onde o mundo se chama Celanova. De Curros a Celso Emilio, ideado con motivo da conmemoración en 2012 do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro. O Centro Sociocultural Novacaixagalicia acollerá ás 20.00 horas esta nova cita musical, na que a Compañía Lírica Ofelia Nieto –coa soprano e actriz Patricia Morchón e o barítono e actor Antón de Santiago– e o Grupo Instrumental Cítola interpretarán composicións de autores galegos inspiradas nalgunhas das máis destacadas figuras da nosa literatura.

Artigos relacionados


O Parlamento declara o 2012 ano Celso Emilio Ferreiro
«O meu primeiro Celso Emilio» en concerto
“Sorprende a amizade entre Celso Emilio e Cela”