O “Meu primeiro Celso Emilio”, presentación na Feira do Libro da Coruña

Aug 10, 2012 editor de CEF novas

A Coruña, 9-08-2012

Onte na Feira do Libro da Coruña foi presentado o derradeiro libro de Celso Emilio.Xosé Lastra e Manuel Bragado fixeron a presentación desta Antoloxía editada por Xerais, con ilustracions de María Manuela e edición de Xiana e Xosé Lastra. O libro leva un CD con musicación de oito poemas do autor, interpretados por María Manuela,Mini, Mero e Xiana. Como remate da presentación houbo un concerto onde se cantaron seis temas do disco.

Artigos relacionados


Poema de Rafael Alberti adicado a Celso Emilio no seu pasamento
O CONCELLO DE LALÍN DEDICARÁ A CELSO EMILIO FERREIRO UNHA RÚA OU UN ESPAZO PÚBLICO
Manuel Bragado Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego