Versos de Celso Emilio en cinco idiomas

Aug 7, 2012 editor de CEF novas

La Región OURENSE – 04-08-2012
Os versos de Celso Emilio Ferreiro soaron onte en euskera, galego, francés, italiano e portugués no recital poético protagonizado na praza Maior da vila de San Rosendo.

O acto estivo protagonizado por un grupo de voluntarios que participa no campo internacional de traballo orgaízado polo Concello de Celanova e a Dirección Xeral da Xuventude e contou coa a asistencia dun grupo de maiores da residencia San Carlos da localidade. ‘A xornada de onte foi a súa primeira acción socio-cultural das que levarán a cabo durante os vindeiros 15 días’, informaban os organizadores do evento que, o rematar, improvisaron un sinxelo homenaxe a unha das residentes da fundación, a celanovesa Irene Feijóo que o prouximo 5 de Setembro cumplirá 100 anos, os mesmos que houbera cumprido Celso Emilio Ferreiro.

Artigos relacionados


Cabodano do pasamento de Celso Emilio
entrada nova
Celso Emilio Ferreiro en imaxes, magnífico vídeo do Equipo de Normalización Lingüística do CPI Celso Emilio Ferreiro ( Vigo )