HOMENAXE A CELSO EMILIO EN MONTEVIDEO

Nov 3, 2012 editor de CEF novas

7-10-2012
PADROADO DA CULTURA GALEGA DE MONTEVIDEO

Sobre finais do mes de Setembro socios e amigos da institución reuníronse para homenaxear a este soado escritor galego.
O acto contou con distintos momentos significativos. O primeiro deles foi a presentación a cargo de Nedy Varela (directora do taller de literatura), a cal estivo centrada en destacar os momentos importantes na vida do escritor. A continuación un grupo de alumnos do Taller de Declamación que dirixe Maribel Calderón, percorreron parte da obra deste autor. Por medio dunha moi coidada selección de poemas lograron reflectir as características máis sobresaintes da súa obra dende o amor pola lingua galega, ata a tristura, dende a crítica, ata o humor.
Finalmente proxectouse un video con imaxes de Celanova de fai cen anos cando nacía Celso Emilio Ferreiro.

 

Artigos relacionados


Celso Emilio, Poema “Requiem” versión de Suso Vaamonde
A placa na casa de Celso Emilio Ferreiro en Celanova
50 anos da Longa noite de pedra