Xosé Lastra presenta no Concello de Lugo o seu libro sobre Celso Emilio Ferreiro

Nov 8, 2012 editor de CEF novas

8-11-2012, La Voz de Galicia

O alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañou esta mañá na casa Consistorial ao escritor Xosé Lastra no acto para anunciar a presentación do seu libro sobre Celso Emilio Ferreiro, que se celebrará mañá día 9, ás 20.00 horas, no Círculo das Artes. Orozco mostrouse satisfeito de que o Consistorio sirva de plataforma para a presentación dun acto que constitúe unha homenaxe a un dos escritores que traballaron polo país e que, xa que logo, non serán esquecidos. O libro está pensado para achegar o escrito aos lectores xuvenís, e inclúe unha biografía e unha antología poética. Vai acompañado dunha grabación de cancións con poemas de Celso Emilio Ferreiro. No Círculo cantarán Mini e Mero, María Manuela e Xiana.

Artigos relacionados


Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, no IES Valadares (Vigo)
Celso Emilio Ferreiro no Bierzo
Foro de Debate Marinense, conferencia-coloquio sobre Celso Emilio Ferreiro