Celso Emilio Ferreiro en A Pontenova

Jan 5, 2013 editor de CEF novas

05-01-2013,La Voz de Galicia

 

O público abarrotou a Casa de Cultura para asistir á presentación do novo libro-CD.
O acto tivo lugar na Casa da Cultura da Pontenova, o xoves pola noite. Presentouse na Mariña  O meu primeiro Celso Emilio, unha das sorpresas e novidades editoriais dos últimos meses. As  expectativas suscitadas non se viron defraudadas. Os protagonistas da gala foron os veciños da Pontenova que encheron o salón de actos, e interpretaron os poemas musicados que se inclúen no libro, unha edición de Xiana e Xosé Lastra que Edicions Xerais sacou á rúa.
Sobre o escenario da Casa de Cultura pontenovesa pasaron auténticas lendas vivas da música galega, como Mini e Mero, fundadores do mítico grupo Fuxan vos Ventos; María Manuela, e a propia Xiana Lastra. O espectáculo consistiu en proxeccións para explicar aspectos da vida e obra de Celso Emilio, que se intercalaban coas pezas musicais. Ao final cantaron Cantiga dá Morte de Celso Emilio Ferreiro, con letra de Ana Caxiao e música de Miguel Varela, unha peza que non está incluída no libro-CD.

Artigos relacionados


Celso Emilio, Homenaxe a Pablo Iglesias
Entrevista con Ramón Nicolás no Faro da Cultura (Faro de Vigo): «O epistolario de Celso Emilio é un auténtico tesouro»
O Instituto de Celanova quere levar o nome de Celso Emilio