31-12-2012
XOVES 3 DE XANEIRO 2013
CASA DA CULTURA – A PONTENOVA (LUGO), 21 HORAS
Co gallo da celebración do centenario do nacemento do poeta Celso Emilio Ferreiro, Edicións Xerais editou o libro-CD O meu primeiro Celso Emilio. Este proxecto, baixo a dirección e a edición de Xiana e Xosé Lastra, conta coas ilustracións de María Manuela e pretende facilitar un achegamento á figura do poeta mediante unha breve biografía e antoloxía da súa obra, e grazas ás versións musicadas dalgúns dos seus poemas, que se recollen no CD nas voces de María Manuela, Mero, Mini e Xiana Lastra, acompañadas instrumentalmente por Xurxo Varela, Nani García, Nuria Lestegás, Roberto Grandal, Pepe Do Pico, Simón García e Manuel Dopico.
Esta parte musical é a que se interpreta nos concertos en directo que se veñen desenvolvendo, constituíndo un espectáculo dunha hora de duración, no que se interpretan as pezas do disco introducidas por breves vídeos sobre Celso Emilio. O meu primeiro Celso Emilio en concerto Máis información sobre O meu primeiro Celso Emilio.