Celso Emilio, ferreiro das palabras aceirudas (2)

Jun 29, 2013 editor de CEF novas

29-06-2013

Traballo elaborado polos Alumnos de 3º de ESO do IES de Chapela dirixidos polo Profesor Miguel Pérez. Recitando a Celso Emilio.
Comenza co son da máquina de escribir do poeta e contínua co recitado dunha escolla dos seus poemas, escolla feita polos alumnos do Centro.
Trabajo elaborado por los Alumnos de 3º de ESO del IES de Chapela dirigidos por el Profesor Miguel Pérez. Recitando a Celso Emilio.
Comienza con el sonido de la máquina de escribir del poeta y contínua con el recitado de una selección de sus poemas, selección hecha por los alumnos del Centro. 

PREMER/PULSAR

 Nas voces novas do alumnado dunha Chapela deitada frente ao mar, as súas palabras aceirudas, transcenden a súa morte, porque nin a morte nin a inxustiza acalan nunca a verdade, tal e como a dixo o poeta. A verdade que con emoción e sensibilidade souberon poñer nas súas voces e nos seus corazóns este grupo de rapaces e rapazas, os protagonistas deste proxecto:
En las voces nuevas del alumnado de una Chapela acostada frente al mar, sus palabras aceradas, trascienden su muerte, porque ni la muerte ni la injusticia acallan nunca la verdad, tal y como la dijo el poeta. La verdad que con emoción y sensibilidad supieron poner en sus voces y en sus corazones este grupo de chavales y chavalas, los protagonistas de este proyecto:

David, Saúl, Daniel, Ramón, Domingo, Diego, Sabela F., Laura, Carlos, Elisa, Raquel, Zaida, Alba G., José Antonio, Iria, Alazne, Sabela V., Sandra, Nerea, Samantha, Anxo A., Alba Mª, Cristina, Abel, Sarela, Pablo, Alba Nerea, Sara, Anxo J., Andrea, María, Marta, Aroa, Eloy, Nagore, Ariana, Lucía, Jonathan, Rebeca e Silvia.

Son o orgullo dun ensino público de calidade que resiste o ataque dunha crise económica e ideolóxica que o ameaza.
Son el orgullo de una enseñanza pública de calidad que resiste el ataque de una crisis económica e ideológica que la amenaza. 

Artigos relacionados


Inauguración da cuarta tempada de “Poesía de OídAs” – Sesión de diciembre: Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario
Celso Emilio en “Le Monde Diplomatique”
Celso Emilio en Ribadeo