“De Voces Ceibes a Milladoiro”, cantando a Celso Emilio

Dec 3, 2013 editor de CEF novas

02-12-2013

UNHA MEMORIA DO MOVIMENTO POPULAR DA CANCIÓN GALEGA (1973-1978)

Disco-libro editado pola Editorial Galaxia e PAI Edicións S.L., e da autoría de Antón Seoane, que recolle dezoito cancións cantadas entre 1973 e 1978 por dous dos grupos mais senlleiros da Canción Galega daqueles anos.

…”A medio camiño entre a ditadura e a democracia cabalgaron os anos intermedios da música en Galicia, aqueles que case ficaron como follas en branco, como fóra de temporada, a xeito da tan manida verba outlet. Un lapso de tempo no que, non obstante, tamén había vida,  e que vai dende o final de Voces Ceibes, entendido como colectivo definido, xa ben andados os anos 70, ata a creación de Milladoiro, e dicir, o período primavera 1973 outono de 1978.”  (“Introdución ao Disco-Libro”)

O disco recolle poemas de Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro, Xosé Luis Méndez Ferrín, Xosé Quintas Canella, Antón Seoane, Bibiano Morón, Xoán Manuel Casado, Álvaro Cunqueiro e a canción popular “O sancristán de Coímbra

Poemas de Celso Emilio:
-Espranza
-Neno orfo con cabalos o fondo
-Inverno
-Limiar
-Soldado 

Trailer do documental De Voces Ceibes a Milladoiro

PREMER/PULSAR

Artigos relacionados


Sabedoría, rigor e amenidade: «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro», de Ramón Nicolás. Crítica de Vicente Araguas
CELSO EMILIO NA UNIVERSIDADE DE DHAKA (Bangladesh)
Son un pasmón, poema de Celso Emilio interpretado por Labregos do tempo dos sputniks