Fundación

FUNDACIÓN CELSO EMILIO FERREIRO

  • Historia

    A Fundación Celso Emilio Ferreiro (FUNCEF) é unha organización declarada polo goberno galego de “Interese Cultural” así como de “Interese Galego” en 1984. Esta catalogación significa que a Fundación desenvolve traballos culturais que interesan á comunidade galega no seu conxunto.

  • Obxectivos

    “O obxecto da Fundación Celso Emilio Ferreiro é promover e defender a cultura galega, fomentar o coñecemento e a difusión da Obra de Celso Emilio Ferreiro tanto no territorio galego como na emigración”.

    A Fundación nace cunha vocación de conectar cos nosos irmáns emigrantes, sobre todo en América Latina, coa intención de levar a cabo os principios fundacionais de difusión dos valores culturais que a Fundación considera que son universais.

    A FUNCEF ademais de difundir a obra cultural e política de Celso Emilio Ferreiro ten vocación de servir como axente “cultural” nas comunidades galegas da diáspora e nos países que as recibiron.

    Somos conscientes de que ás veces a comunicación entre o país receptor e a comunidade que chega de fóra non é a máis adecuada, por problemas de adaptación por ambas as partes, e moitas veces por malos entendidos. No desenvolvemento do noso traballo colaboramos en todo tipo de actividades culturais que redunden en beneficio da clase traballadora (revistas, libros, conferencias, etc).

    A última actividade desenvolvida nese sentido foi a elaboración para o goberno galego dun informe sobre os dereitos dos emigrantes cara á Reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia.


  • Padroado

    A Fundación Celso Emilio Ferreiro está gobernada por unha Xunta de Patróns que é o máximo órgano da Fundación. Ademais existen os cargos de presidente e secretario que actúan como notarios dos acordos que toma a Xunta de Patróns.

    No traballo cotián a Fundación é gobernada polo seu director, que é o que leva a cabo os acordos da Xunta e marca as pautas a seguir no traballo diario, ademais de planificar e executar a política da Fundación en todos os terreos.

    Fundación Celso Emilio Ferreiro

    Presidente: D. Francisco Javier Ferreiro Loredo
    Secretario:  Dª.Raquel Ferreiro Llatas
    Director:      D. Luis Ferreiro Loredo

    Patróns:
    D.  José Aldea Moscoso
    D.  Manuel Bragado Rodríguez
    D.  Manuel Couce Pereiro
    Dª. Iria Ferreiro Llatas
    D.  Isidoro Gracia Plaza
    Dª. Margarita Llatas Salvador
    D.  Ramón Nicolás Rodríguez
    Dª. Alicia Ribas Noguera
    D.  Antolin Sánchez Presedo
    D.  Lois Vaquero Ferreiro


  • Contacto

    Fundación Celso Emilio Ferreiro
    Avda. Castrelos 29-4º-B
    36210 Vigo
    España
    Email: funcef@fundacioncelsoemilioferreiro.es         Facebook        Twiter