[video_youtube width=”590″ height=”420″ shadow=”true” autoplay=”false” autobuffer=”false” ]http://www.youtube.com/watch?v=7pUUlBg60A4[/video_youtube]

O programa radiofónico «La Voz en Espiral«, emitido por Radio Fórum de Mérida e dirixido e presentado por Suso Díaz e Maripaz Paz dedicou a  totalidade da súa entrega, o pasado martes día 24 de xaneiro, a Celso Emilio Ferreiro. Os directores do programa, os galegos Suso Díaz e mais Maripaz Paz, entrevistaron a  Luís Ferreiro, Ramón Nicolás e Aser Álvarez, e ao cantautor extremeño Miguel Ángel Gómez Naharro, que musicou e interpretou en lingua galega o poema «Eiquí será».

O programa pódese escoitar nesta ligazón:  celsoemilioferreiropoetauniversal-vozespiral-ivoox1011102 ou no blogue de La Voz en Espiral: http://lavozenespiral.blogspot.com/

 

O alumnado de 4º da ESO do colexio público Celso Emilio Ferreiro creou unha exposición do escritor, por mor do seu centenario, e preparan outras actividades como recitais de poesía e conferencias sobre a súa obra musicada (Vía Atlántico Diario, 25-1-2012).

Este pasado sábado 21 de xaneiro, dentro do programa «Eirado» da tvg2, emitiuse outra nova parte da reportaxe-documental que realizou Luís Menéndez, nesta ocasión centrada no aspectos máis salientables da obra de Celso Emilio Ferreiro, que vai desde minuto 48:52 ao 59. Nel participan Luís Ferreiro, Xesús Alonso Montero,  Gustavo Luca de Tena, Luís G. Tosar e Ramón Nicolás. Pódese consultar entrando nesta ligazón:

http://www.crtvg.es/tvg/programas/eirado

A celebración do Ano Celso Emilio Ferreiro, cadrando co primeiro centenario do nacemento do poeta celanovés, segue facéndose notar dentro e fóra da súa vila natal. Deste xeito,  a Asociación cultural Arraianos organiza,  o vindeiro xoves 26, ás 20,00 horas, na Libraría Couceiro, un novo acto poético-musical co gallo da presentación do monográfico arredor da súa figura en Santiago de Compostela. A publicación recolle varias obras inéditas do poeta, así como textos literarios, entrevistas, ensaios, gravados e mais varios temas musicados.

 

Pasado o tempo, Celso Emilio Ferreiro segue a ser unha figura senlleira, coñecida e recordada, pero os ananos que o perseguiron desapareceron para sempre sen deixar rastro.

Mesa redonda no Club Faro de Vigo. Co gallo do Ano Celso Emilio celebrouse onte día 24/01/2012 unha mesa redonda coa intervención do profesor Ramón Nicolás(biógrafo de Celso Emilio), Luis Ferreiro (Director da Fundación Celso Emilio Ferreiro) e Isabel Ferreiro (Filla do poeta). Actuou como mderador Manuel Bragado (Director de Edicións Xerais). 

Con estas verbas, ditas ao fin da súa intervención no Club FARO, Luis Ferreiro puña o colofón á “longa noite de pedra” que vivira o sea pai e a xusticia que lle recoñoceu o paso do tempo. “Vigo e Celso Emilio Ferreiro” foi onte a razón de que se reunirán nunha mesa Luis Ferreiro, a súa irmán Isabel e Ramón Nicolás Rodríguez, biógrafo do poeta que este ano cumple o centenario do seu nacemento. `’Ò ano de Celso Emilio’, según dictamimou a Xunta de Galicia. O acto, ao que non puido asistir a última hora como ponente Méndez Ferrín, presidente da RAG, foi presentado por Manuel Bragado, director de Edicions Xerais. Foi Bragado, nese preámbulo, quen suliñou o vencellamento do poeta coa cidade e co propio FARO, no que publicou de 1949 a 1977 de forma intermitente un centenar de artigo- “O seu traballo xornalístico –dixo– coincidiu coa vocación literaria do decano, daquela dirixido por Leal Insua… que abriu os pregos daquel desordenado FARO ás columnas literarias de escritores galegos como Cunqueiro, Ánxel Fole ou Pedrayo”. Falou despois o fillo, Luis Ferreiro, recorrendo a vida do pai desde que, nos tempos da República, aínda mozo, participa activamente nos movementos nacionalistas que desembocan na creación das Mocedades Galeguistas. “Desde o punto de vista que eu chamaría existencial  a obra e vida de Celso Emilio divídese en dúas etapas vencelladas a dous libros: Longa noite de pedra e Viaxe ao país dos ananos”.Refiriuse Ferreiro a cronoloxía da vida do poeta, a chegada da guerra civil na que para él comenza a “longa noite de pedra”, o seu compromiso político na oposición con enfrentamentos cos herdeiros do galeguismo histórico…. Con problemas económicos derivados da súa actividade política e tendo a Brigada político Social detrás dil, decide emigrar a Venezuela onde un grupo de amigos que daquela dirixían a Hermandad Galega danlle traballo”. Moita foi a labor desenvolta por él como director de Cultura da Hermandad Galega, según contou o seu fillo, cun traballo de axitación e propaganda cultural pero tamén política. Pero aos dous anos de chegar arriba á Xunta Directiva unha lista que “leva o peorciño do feixismo militante, apoiada pola Embaixada española”. Despedido, comenza outra etapa que será o alimento nutricio dese outro libro seu senlleiro, “Viaxe ao País dos Ananos”. Viría despois no turno da palabra, o biógrafo, Ramón Nicolás, que falou da súa experencia con Celso Emilio desde que o descubriu de mozo. “Non lle coñocin persoalmente pero o que me uniu a Celso Emilio foi a lectura da súa obra… e quedou en min a música daqueles versos, unha actitude ética concreta, unha voz transparente e limpa… De aí en adiante a bola de neve comenzou a medrar…” Nicolás foi recorrendo a pasos axigantados pero cunha exposición rica en datos e sentimentos a vida do poeta desde o seu nacemento en Celanova, as correrías infantís polas rúas desa vila, a actividade política xuvenil no galeguismo, os primeiros artigos “incendiarios”, os iniciais pasos como poeta dados no FARO ou no Heraldo de Galicia, a chegada da guerra civil, a aparición da muller, Moraima “para sempre”, a súa vida na posguerra en Pontevedra e despois en Vigo, a persecución policial… E a súa marcha a Venezuela. “Souben dos tempos de Caracas, dese comenzar unha nova vida con 54 anos, do seu traballo alí, da expulsión… desveláronseme as angueiras cotiás, a implacable persecución a que foi sometida a súa obra literaria, a sorpresa que lle supuxo que esa obra fora clave para o éxito da Nova Canción Galega que proxecta a súa poesía a límites insospeitados”.

O meu reinado é un poema do libro Longa Noite de Pedra de Celso Emilio Ferreiro musicado por Labregos do Tempo dos Sputniks para a Revista Arraianos en Xaneiro de 2012 con motivo do Centenario do Poeta. Gravado, mesturado e masterizado por Mou en Rapapoulo Estudio, Ordes, Galiza en Decembro de 2011.
Bateria e coros: Silverio Outeiro “O Vero”
Guitarra acústica, Voz e coros: “O Leo”
Voz, voz rapeada e coros: “O García”

http://www.archive.org/details/oMeuReinadoLabregosDoTempoDosSputniks

LA TABERNA DEL GALO

 Autor: CELSO EMILIO FERREIRO

Editorial Pez de Plata

Traducción y prólogo de Ramón Nicolás
Ilustraciones de Pedro Rico

1º Edición en castellano
ISBN: 978-84-938296-2-9
14 x 21 cm. 100 páginas
P.V.P. 14,50€

Incluye como obsequio réplica de una de las ilustraciones originales(20×13)

SINOPSIS
Retorna Celso Emilio Ferreiro a Celanova para recordar y explicar, a través del humor y la ironía, la pulsión de su villa natal. La utilización de varios registros narrativos y la condensación sentimental y ácida de una memoria íntima son algunas de las claves, junto con el particular sentido del humor ferreiriano, que sustentan este collage de historias, aventuras y episodios si no del todo ciertos, al menos verosímiles. Una prosa, la de La taberna del Galo, que invita a la sonrisa, en ocasiones a la carcajada, pero también al recuerdo nostálgico de un escritor irrepetible. que sustentan este collage de historias, aventuras y episodios si no del todo ciertos, al menos verosímiles.

O 22 de xaneiro de 2012 o académico da RAG e poeta Salvador García-Bodaño publica nas páxinas de Opinión de El Correo Gallego o seguinte artigo:

DE VERDADEIRO ABARROTE -con ampla presenza estudantil- cabería cualificar a concorrida asistencia  á recente sesión de Os Luns do Ateneo, celebrada como de costume ás oito da tarde no auditorio da Fundación Caixanovagalicia Claudio San Martín (onde, por certo, acaba de ter lugar a presentación do último libro da escritora Otilia Seijas, Los amigos lejanos, á que me foi imposíbel asistir por cuestións médicas) sobre o soar no que tivo asento o antigo casal do pozo na compostelá Rúa do Vilar. O Ateneo de Santiago iniciaba así o ciclo correspondente a este curso cun acto literario dedicado á conmemoración do primeiro centenario do nacemento, en Celanova, do ilustre e influínte poeta Celso Emilio Ferreiro.

O 11 de outubro último o Parlamento galego reunido en sesión plenaria, e logo de debater unha meritoria iniciativa do PPdeG, acordou por unanimidade instar á Xunta de Galicia a que se declarase o 2012 como Ano de Celso Emilio Ferreiro e de tal xeito se determinou, “acompañando a declaración con actuacións de promoción e difusión da súa obra literaria e buscando a implicación das diferentes institucións públicas e culturais”. Entre as entidades culturais de carácter privado e sen ánimo de lucro, o Ateneo de Santiago (dende a súa Sección de Arte, Educación e Cultura, dirixida polo dramaturgo Euloxío R. Ruibal) quixo ser o primeiro en abrir este tempo de celebración coa conferencia “Celso Emilio Ferreiro: unha revisión no centenario do nacemento”, impartida polo profesor de lingua e literatura galega, ensaísta e crítico literario Ramón Nicolás (patrón da Fundación Celso Emilio Ferreiro), presentado pola profesora Pilar Sampedro.

Tal como se nos adiantou na exposición de Ramón Nicolás (precursora da próxima edición dunha esperada biografía do poeta que aparecerá en Xerais nun prazo arredor dos meses de marzo-abril) o obxectivo que persegue na súa achega é asediar a figura de CEF dende unha tripla perspectiva: a) afondar nas dimensións máis puramente vitais e que se relacionan co seu  perfil humano; b) subliñar algúns aspectos pouco divulgados arredor da súa traxectoria literaria; c) clarexar os pasos que deu no que atinxe á súa militancia política ao longo da súa vida. Todo isto fágoo -dinos o autor- acudindo á memoria de moitas persoas que o coñeceron, aos estudos e análises publicadas até agora e consultando fondos bibliográficos, hemerográficos e mais aqueles que se conservan no arquivo familiar; dentro deles a consulta do epistolario conservado permite botar luz sobre as relacións persoais que mantivo con persoas que foron moi próximas como Luís Soto, Xosé María Álvarez Blázquez, Alonso Montero, Manuel María, Neira Vilas ou Méndez Ferrín. Rematada a interesante conferencia, en troques do habitual coloquio, ademais dun breve texto do sindicalista Xesús R. Abuín, leron composicións do poeta celebrado Lucrecia Carril (de Ditea),  Xosé Ramón Pousa e Francisco Candela, porque o avanzado da hora impediu continuar coa lectura. (…)

 

O vindeiro 23 de Xaneiro terá lugar no Auditorio Municipal do Areal (Areal, 46) en Vigo, un homenaxe a Celso Emilio Ferreiro por mor do seu Centenario e a declaración polo Parlamento de Galicia do 2012 como Ano Celso Emilio Ferreiro.

Interveñen Xosé Luis Méndez Ferrín (Presidente da RAG), Ramón Nicolás (Biógrafo de Celso Emilio), Isabel Ferreiro (Filla de Celso Emilo), Luis Ferreiro (Director da Fundación Celso Emilio Ferreiro), e como moderador Manuel Bragado (Director de Edicións Xerais).