Celso Emilio Ferreiro poeta universal. Monográfico en "La Voz en Espiral" de Radio Fórum-Mérida
O programa radiofónico «La Voz en Espiral«, emitido por Radio Fórum de Mérida e dirixido e presentado por Suso Díaz e Maripaz Paz dedicou a totalidade da súa entrega, o pasado martes día 24 de xaneiro, a Celso Emilio Ferreiro. Os directores do programa, os galegos Suso Díaz e mais Maripaz Paz, entrevistaron a Luís Ferreiro, Ramón Nicolás e Aser Álvarez, e ao cantautor extremeño Miguel Ángel Gómez Naharro, que musicou e interpretou en lingua galega o poema «Eiquí será».
O programa pódese escoitar nesta ligazón: celsoemilioferreiropoetauniversal-vozespiral-ivoox1011102 ou no blogue de La Voz en Espiral: http://lavozenespiral.blogspot.com/
Moitas grazas por recoller nas Novas o programa que fixemos, e co que tanto gozamos. Apertas.
Suso Díaz e Maripaz Paz
Moitas grazas a vós pola vosa iniciativa.