O novo xornal dixital en lingua galega, Dioivo, estréase incluíndo unha entrevista, realizada por Carlos Meixide, a Aser Álvarez, cabezaleiro da Asociación Arraianos e responsable do Monográfico Celso Emilio Ferreiro fai 100 anos. Deixamos aquí unha ligazón á entrevista e desexamos longa vida á nova plataforma informativa.