No programa Eirado, da tvg2, emitiuse o pasado 28 de xaneiro de 2012, a terceira e derradeira entrega da reportaxe que Luís Menéndez realizou sobre Celso Emilio Ferreiro. Nesta ocasión, foi a súa faceta social e política a que suscitou valoracións de diversos especialistas ao fío das preguntas de Menéndez. Pódese consultar, do minuto 48:30 ao 59 na seguinte ligazón:

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/eirado-3-temporada-28-01-2012

O programa “ZigZag Diario” achegouse na súa entrega correspondente ao 30 de xaneiro de 2012, á figura do escritor e político galego Celso Emilio Ferreiro da man de seu fillo, Luís Ferreiro, quen fará apuntamentos biográficos sobre o autor de Longa noite de pedra e falará do seu traballo como director da fundación que leva o seu nome e mais dos actos previstos durante este 2012 para conmemorar os 100 anos do nacemento desta figura das letras galegas. Pódese consultar nesta ligazón:

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/zigzag-diario-30-01-2012