III Certame Literario Voces da Terra convocado polos Comités da Facultade de Filoloxía da USC con Celso Emilio ao fondo

Mar 16, 2012 editor de CEF novas

Recollemos información vía Axenda Cultural da Asociación de Escritores en Lingua Galega:

Comités da Facultade de Filoloxía da USC, presentan a terceira edición do Certame de poesía e relato curto Voces da Terra. Este ano, co gallo do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, o material editado para este certame literario presentará vinculación con dita temática. Coa convocatoria deste Certame pretendemos darlle voz a todas e todos aquelas novas/os escritores que utilizan o galego para expresar a través das letras e que, desgrazadamente, non teñen os medios necesarios para darse a coñecer en Galiza. Estas son as súas bases:

– Idioma: Galego.
– Temática: libre.
– Idade: A partir de 16 anos:
– Modalidades:
– Poesía: composicións de extensión máxima 50 versos.
– Relato curto: extensión entre 1500 e 2500 palabras.
– Presentación: Cada participante poderá presentar un máximo de un traballo en cada modalidade (orixinais, non presentados a ningún outro certame literario pendente de resolución e inéditos).
As composicións entregaranse vía email indicando o título e a seguinte información persoal: nome, apelidos, idade, enderezo e teléfono de contacto. En ningún caso lle será facilitado aos membros do xurado. O traballo,en formato pdf, xunto aos datos anteriores serán enviados ao seguinte correo-e: filoloxia.usc@comitesabertos.org
– Prazo: do 15 de marzo ao 20 de abril.
– Premios: editaranse os dous primeiros premios de cada modalidade. Ademais, as e os gañadores recibirán diverso material da nosa organización. O xurado gárdase o dereito de declarar deserto algún dos premios se considera que os traballos recibidos non son da calidade suficiente.
– Xurado: estará composto por profesores universitarios de recoñecido prestixio.
– Fallo: Darase a coñecer nun acto especial de entrega de premios ao redor do 15 de maio de 2012.
– Outros: A presentación ao premio supón a conformidade coas presentes bases por parte dos/as concursantes.”

 

Artigos relacionados


Dun tempo e dunha terra
Celso Emilio Ferreiro no Bierzo
VICENTE ARAGUAS, “Celso Emilio non cesa”