Martes 24 de abril de 2012

A Comunidade Galega de Londres lembra a Celso Emilio no Centenario do seu nacemento.
…Dende o Cañada Blanch de Londres lanzamos un proxecto que non só implique á comunidade educativa (que aínda non participou) senón a toda a comunidade galega nesta cidade. Para iso e, grazas a unha aplicación 2.0. pedímoslle que nos recitasen un poema deste autor diante da cámara. A actividade foi lanzada onte. O resultado podedes comprobalo xa AQUI. Permitídenos esta fachenda: só o podemos definir cunha palabra, emoción.
 

Os alumnos e profesores do I.E.S. Fontem Albei,gravaron un vídeo con motivo do centenario do nacemento de Celso Emilio.O vídeo foi grabado con teléfonos móbiles. Nel recítanse anacos de poemas do poeta de Celanova, polo centenario do seu nacemento, recollidos nos volumes existentes na biblioteca escolar do centro.O traballo ten como fío condutor o poema “Contribución ao plan de desenvolvemento económico” publicado na revista Vieiros nº 2, México, 1965, ao que se lle van engadindo versos soltos, segundo as escollas dos lectores.

http://www.youtube.com/watch?v=HmadduFqekM

Os alumnos do I.E.S. Frei Martin Sarmiento (Pontevedra), homenaxean a Celso Emilio Ferreiro cun curto elaborado por eles. O curto foi estreado o día 23 de Abril, Día do Libro, no Salón de Actos.

http://bibliotecafreimartinsarmiento.wordpress.com/