Celso Emilio no Instituto de Celanova

Apr 30, 2012 editor de CEF novas

Difundir a obra de Celso Emilio Ferreiro e homenaxear a súa figura, e un dos obxectivos do certamen de relato curto e poesía que tódolos anos convoca o Instituto de Celanova.

O concurso literario, está dirixido o alunado de ensino medio de toda Galicia. Os interesados deberán presentar os seus traballos, inéditos en galego, antes do 11 de Maio nas modalidades de relato curto (con algún elemento presente na obra de Celso Emilio), ou poesía (dous poemas que glosen unha estrofa ou un poema do homenaxeado). De tódolos presentados haberá un único premio por modalidade de 150 euros, diploma e a publicación do mesmo na  revista do centro.

O fallo do xurado, conformado por membros da comunidade escolar, darase a conocer durante a celebración dos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas no IES celanovés.

Artigos relacionados


Maria Soliña cantada polo grupo Lulavai
Poema NON interpretado por O CADELO LUNÁTICO
Entrevista con Ramón Nicolás no Faro da Cultura (Faro de Vigo): «O epistolario de Celso Emilio é un auténtico tesouro»