Contra o lume e polas Fragas do Eume: fragmento de “Carta a papá do ceo”

Apr 1, 2012 editor de CEF novas

O blogue Caderno da crítica reproduce un fragmento do poema “Cara a papá do ceo”: versos ben acaídos para reflexionar sobre a devastación que sufriron as Fragas do Eume: un dos nosos pulmóns naturais e patrimonio natural xa non ameazado senón destruído. Deixámolo aquí:

Ergo a miña protesta contra o lume,

dimito a miña voz na madrugada,

desterro o meu cantar, doume aos camiños.

Un arbre son, nacido diante un río

que pasa sin lecer e nunca é o mesmo.

Nacín cos brazos ceibes. Hoxe levo

o corazón atado a negras cordas

de tebras e xenreiras.

Artigos relacionados


Celso Emilio, María Soliña, Coro Universitario Galego de Barcelona, Libro-Disco PORGALEUZCA
Celso Emilio, poema María soliña interpretado por Amancio Prada
Celso Emilio, poema Irmaus/Hermanos, Solidaridade cos emigrantes forzados/Solidaridad con los emigrantes forzados