Presentación de "Longa noite de pedra" en bilingüe
O 17 de Abril foi presentada na Deputación de Ourense, a edición bilingüe, galego-castelán, de Longa noite de pedra de AUGA EDITORA. O acto contou coa presenza do Presidente da Deputación José Manuel Baltar, o editor do libro Xosé A. Perozo, o Alcalde de Celanova e deputado responsable de cultura na Deputación, Antonio Mouriño e de Luis Ferreiro, Director da Fundación Celso Emilio Ferreiro.