Xornadas de Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro (Liga Estudantil Galega)

Apr 9, 2012 editor de CEF novas

O ano de 2012 vén marcado, no noso mundo cultural, por dous aniversarios intimamente relacionados: por unha banda, o centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro (1912); pola outra, cúmprense 50 anos da publicación da que sería a súa obra máis emblemática, Longa noite de pedra. Estas dúas efemérides permítennos afonda tanto na figura do escritor celanovés como nas páxinas do seu poemario; é por isto que, dentro das nosas accións, se atopa a celebración das Xornadas de homenaxe a Celso Emilio Ferreiro.

Estas xornadas terán lugar, como as do ano pasado, na Facultade de Filoloxía da USC, os vindeiros 11 e 12 de abril. Podedes atopar toda a información sobre o programa e como matricularse -están recoñecidas cun crédito de libre configuración para todas as titulacións da Universidade de Santiago de Compostela- no blogue que vimos de habilitar para o acto: http://homenaxecef.blogaliza.org. (vía http://ligaestudantilgalega.info/xornadas-de-homenaxe-a-celso-emilio-ferreiro/)

Artigos relacionados


Rematou o prazo para presentar obras ao Iº Premio Celso Emilio Ferreiro
A Casa dos Poetas honra a Celso Emilio Ferreiro
Credo