Antoloxía da obra poética de Celso Emilio Ferreiro con prólogo de Gonzalo Navaza e ilustracións de David Pintor. Unha edición de EDELVIVES onde a ilustración axuda a enxalzar a voz do poeta. Os poemas que se recollen son tirados de: 11 de O soño sulagado, 21 de Longa noite de pedra, 4 de Viaxe ao País dos Ananos, 2 de Antipoemas, 1 de Terra de ningures, 5 de Onde o mundo se chama Celanova, 1 de Cantigas de escarneo e maldecir e 1 de Cimenterio privado.
Afirma Navaza no seu prólogo:
Organizado polo Club de lectura 5.1. da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, nesta próxima segunda feira (luns) teremos connosco Xosé María Álvarez Cáccamo para falar de Celso Emilio Ferreiro, a súa vida e a súa obra. O título da conferencia-coloquio é: Unha lectura persoal de Celso Emilio Ferreiro.
DÍA: 7 de maio de 2012
HORA: 20.00
LUGAR: Aula Magna da EOI de Vigo, Av. E. Martínez Garrido, 17-36205 , VIGO
.
O número 36 da revista Raigames, que vén de saír á luz, dedícase en exclusiva aos protagonistas literarios deste ano: Celso Emilio Ferreiro e Valentín Paz Andrade.
Respecto do autor celanovés colaboran Luís Ferreiro, Francisco López-Barxas, Antonio Piñeiro, Afonso Vázquez-Monxardín Fernández, José Ángel García López e Ramón Nicolás. Pódese descargar premendo aquí e procurando a entrega nº 36, ao final da listaxe.