Viaxe o país dos Ananos-¿Xigantes ou Ananos?
O preocupante é, cos Ananos naceron na Galicia e marcharon para a emigración, mais tamén siguen na Galicia.
(Conde del Louro y Barón del Río Miñor)
En lembranza dos compañeiros que conmigo sofreron no País dos Ananos. (Celso Emilio Ferreiro)
.
…Xente á que debes decirlle
surrindo e sin acritude:
os mortos que vós matades,
os mortos que vós matades
gozan de boa saúde
..Pode o corpo ser vencido,
pode o dereito ser torto,
mais o lume que alampea
mais o lume que alampea
xamais o veredes morto.…
Falo en nome da Terra, homes de ben…
Non me escoitou ninguén.
…Esqueceran o tempo da probeza
i a fala dos abós; pro non sabían
a vileza sin fin en que vivían
agora que eran parias da riqueza.
…Fardados con exóticas albardas,
falando nun idioma estrafalario,
trocaron o seu mundo proletario
polo mundo sin fe dos alpabardas.
Repudio as inxusticias
i a libertá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.
Viaxeiro, que vés de lonxe
e vas de paso
Teño a luz dos abrentes
i as estrelas reparto
Estóu cos sofridores,
vivo cos desherdados
Pelexo contra a noite
e non creo nos anxos
Viaxeiro, que vés de lonxe
e vas de paso:
Dilles aos irmáus da Terra
que é moi triste o País dos Ananos.