Un gravado de Picasso dedicado a Celso Emilio, na Praza Maior de Celanova

May 22, 2012 editor de CEF novas

22 de Maio de 2012

Alumnos dos colexios Curros Enríquez da Coruña e Celanova e tamén do Sagrado Corazón celanovés, participarán hoxe na elaboración dunha pintada nas lousas da Praza Maior de Ourense, co gallo da ‘IV Xornada de convivencia dos centros Curros Enríquez de Galicia’.

A actividade que este ano se dedicará a Celso Emilio Ferreiro, co gallo do centenario do seu nacimento, desenvolverase a partir das 15,00 horas na Praza Maior, onde 90 escolares -axudados por monitores especializados en Belas Artes- reproducirán o gravado que Pablo Picasso dedicou ao autor de ‘Longa noite de pedra’, o logotipo do Centenario, así como fragmentos do poema ‘O Reino’ , e interpretacions gráficas do mesmo.
A xornada de convivencia, orgaízada pola Fundación Curros Enríquez,  en colaboración co Concello celanovés, incluirá a participación dos Centros no programa de concertos didácticos de órgano, no xogo literario ‘Cen poemas na rúa’, así como as visitas culturais a  Casa dos Poetas, Vilanova e Castromao.

Artigos relacionados


Presentación do libro “Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro” na Feira do Libro da Coruña
O documental «100% CEF» é seleccionado no IFFEST DOCUMENTAL.ART, Festival de cine en Romanía
Intervención de Chesús Yuste na comisión de cultura do Parlamento español