O próximo sábado día 30 de Xuño, na Feira do libro de Vigo, terá lugar a presentación do libro Dun tempo e dunha terra, antoloxía poética de Celso Emilio Ferreiro. Será as 19:00 e estarán no acto Luis Ferreiro Loredo (Director da Fundación Celso Emilio Ferreiro), Gonzalo Navaza ( o autor da selección dos textos) , Ignacio Chao ( editor de Edelvives) e David Pintor (Ilustrador do libro).
Programación do ciclo Galicia Classics, que este venres 29 chega a Lugo co recital poético-musical Onde o mundo se chama Celanova. De Curros a Celso Emilio, ideado con motivo da conmemoración en 2012 do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro. O Centro Sociocultural Novacaixagalicia acollerá ás 20.00 horas esta nova cita musical, na que a Compañía Lírica Ofelia Nieto –coa soprano e actriz Patricia Morchón e o barítono e actor Antón de Santiago– e o Grupo Instrumental Cítola interpretarán composicións de autores galegos inspiradas nalgunhas das máis destacadas figuras da nosa literatura.