Celso Emilio en Vigo

Jun 27, 2012 editor de CEF novas

27 de Xuño do 2012

Artistas e autores nunha homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no  centenario do seu nacemento

Escritores e  músicos compartiron escenario na noite de onte no Teatro Novacaixagalicia de Vigo, para homenaxear a Celso Emilio, con motivo do primeiro centenario do seu nacemento.
O acto foi presentado pola poeta Yolanda Castaño e os versos do autor de Celanova soaron nas voces de Rexina Vega, Inma López Silva, Manoel Soto e Fernando Franco, sendo ademais musicados por artistas de moi variado estilo como El Puto Coke, Ataque Escampe, Patricia Moon e Frans Banfield, Davide, Xesús Alonso Montero e Luis Emilio Batallán, a Coral de Beade e alumnos da Escola Superior de Arte Dramática e do IES Álvaro Cunqueiro.
Unha das actuacions máis emotiva foi a do catedrático Xesús Alonso Montero, que cantou dous poemas de Celso Emilio, pertencentes ao libro  “Cantos de la nueva resistencia española”.

Artigos relacionados


Consellos, poema de Celso Emilio Ferreiro e música de Amancio Prada
“MIL VERSOS PARA CELSO EMILIO” en Radio Wirtz
SESIÓN PLENARIA DA REAL ACADEMIA GALEGA CON MOTIVO DO I CENTENARIO DO NACEMENTO DE CELSO EMILIO