Xesús Alonso Montero pecha o Curso sobre Celso Emilio, na Casa da Cultura de Noia

Jun 12, 2012 editor de CEF novas

12 de Xuño 2012

O escritor e académico Xesús Alonso Montero encargouse de clausurar o curso sobre Celso Emilio Ferreiro  que se celebrou en Noia, na Casa da Cultura.
María Golán, profesora no instituto Virxe do Mar foi a introdutora do acto.
Alonso Montero é, xunto con Xosé Luís Méndez  Ferrín, un dos maiores coñecedores -referíndose a trato directo- do autor de Longa noite de pedra. Iso permitiulle, segundo explica Xavier Castro, coordinador do curso, facer un percorrido persoal e íntimo pola vida e obra de Celso Emilio, sobre todo a partir do ano 1959, no cal coñecéronse.

Durante máis de hora e media, encandeou ao público co seu gran poder de oratoria. Alí estaban, entre outros, Xerardo Agrafoxo, Bieito González ou Agustín Agra. «Atrae a moita xente, capta moi ben a atención e é unha persoa que sempre está disposta a colaborar connosco cando llo solicitamos», apuntou Xavier Castro.
A de Alonso Montero foi unha visión distinta, un relato en primeira persoa no que el destacou o carácter plural de Celso Emilio, unha das ideas crave expostas no curso.


 

Artigos relacionados


CELSO EMILIO. LINGOA PROLETARIA DO MEU POBO
Galicia en Puerto Rico, Celso Emilio y Ramón Cabanillas