Vicente Araguas: “Non hai poeta como Celso Emilio”
Celanova 17/07/2012
A segunda xornada do curso que a Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) dedica en Celanova ao poeta Celso Emilio Ferreiro, baixo o epígrafe de “Ética e poética”, estivo adicada á creación: poesía civil e social. Abriu a sesión o poeta e crítico literario Vicente Araguas, quen destacou que Celso Emilio mestura como ninguén a fortaleza do concepto coa boa inxeniería poética, e esta é unha das claves do éxito popular que obtén
Un éxito só comparable co de Rosalía e Curros os tres poetas máis populares da literatura galega. Así, Celso Emilio atopou a fórmula para musicar poemas, e dáse o paradoxo de que son máis coñecidos os mal chamados cantautores por musicar os poemas de Celso Emilio Ferreiro, que Celso Emilio por ser musicado por recoñecidos cantantes.
POLIVALENTE
Logo de Celso Emilio, non hai outro poeta igual, declarou Araguas. Dábanselle tamén os poemas satíricos ou de escarnio, como os de amor (Moraima’) ou os paisaxísticos (‘Aló onde ou mundo se chama Celanova‘). Tocaba todos os temas: a opresión social, o antimilitarismo, a problemática dos labregos ou a do idioma. ‘É un dos meus heroes cívicos, pero tamén estéticos”, concluíu Araguas.