Versos de Celso Emilio en cinco idiomas
La Región OURENSE – 04-08-2012
Os versos de Celso Emilio Ferreiro soaron onte en euskera, galego, francés, italiano e portugués no recital poético protagonizado na praza Maior da vila de San Rosendo.
O acto estivo protagonizado por un grupo de voluntarios que participa no campo internacional de traballo orgaízado polo Concello de Celanova e a Dirección Xeral da Xuventude e contou coa a asistencia dun grupo de maiores da residencia San Carlos da localidade. ‘A xornada de onte foi a súa primeira acción socio-cultural das que levarán a cabo durante os vindeiros 15 días’, informaban os organizadores do evento que, o rematar, improvisaron un sinxelo homenaxe a unha das residentes da fundación, a celanovesa Irene Feijóo que o prouximo 5 de Setembro cumplirá 100 anos, os mesmos que houbera cumprido Celso Emilio Ferreiro.