Celso Emilio Ferreiro en A Pontenova

Jan 5, 2013 editor de CEF novas

05-01-2013,La Voz de Galicia

 

O público abarrotou a Casa de Cultura para asistir á presentación do novo libro-CD.
O acto tivo lugar na Casa da Cultura da Pontenova, o xoves pola noite. Presentouse na Mariña  O meu primeiro Celso Emilio, unha das sorpresas e novidades editoriais dos últimos meses. As  expectativas suscitadas non se viron defraudadas. Os protagonistas da gala foron os veciños da Pontenova que encheron o salón de actos, e interpretaron os poemas musicados que se inclúen no libro, unha edición de Xiana e Xosé Lastra que Edicions Xerais sacou á rúa.
Sobre o escenario da Casa de Cultura pontenovesa pasaron auténticas lendas vivas da música galega, como Mini e Mero, fundadores do mítico grupo Fuxan vos Ventos; María Manuela, e a propia Xiana Lastra. O espectáculo consistiu en proxeccións para explicar aspectos da vida e obra de Celso Emilio, que se intercalaban coas pezas musicais. Ao final cantaron Cantiga dá Morte de Celso Emilio Ferreiro, con letra de Ana Caxiao e música de Miguel Varela, unha peza que non está incluída no libro-CD.

Artigos relacionados


Os escritores da comarca Terra de Celanova – Baixa Limia no centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro
“El dedo en la llaga”, poema de Celso Emilio cantado por Xulio Formoso
Celso Emilio, poema “Os Fillos de Silvio”, adicado aos renegados da súa orixe