Recital poético sobre Celso Emilio Ferreiro na Fundación Granell

04-02-2013, Fundación Eugenio Granell

Grupo de Teatro da Asociación para o desenvolvemento sen fronteiras
Dirixe: María Montaña
Martes 5 de febreiro
20.00h

O vindeiro martes día 5 de febreiro de 20:00h a 21:00h celebrarase na Fundación Eugenio Granell un Recital Poético sobre Celso Emilio Ferreiro.
Con motivo da celebración en 2012 do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, as integrantes do Grupo de Teatro da Asociación Cultural para o Desenvolvemento sen Fronteiras prepararon un recital que presentan agora na Fundación Eugenio Granell. Dez actrices maiores de 60 anos, baixo a direción de María Montaña, recitarán unha seleción de poemas do homenaxeado escritor: Irmáns, María Soliña, Longa noite de pedra ou Son un pasmón, entre outros.O Grupo de Teatro da Asociación Cultural para o Desenvolvemento sen Fronteiras comezou a súa andaina no 2005 cun espectáculo titulado Don Quixote e Sancho Panza baseado na obra de Miguel de Cervantes, ó que seguiron outros coma Esclavitude, de Lugrís, A carta roubada de Edgar Allan Poe, A noite vai coma un río (fragmento) de Alvaro Cunqueiro ou Os autómatas da quinta xerazón, sendo esta última peza unha creación do grupo en homenaxe a Eugenio Granell.

O Grupo conta no seu historial con múltiples recitais de poetas tanto en lingua galega como en castelán, así como lecturas dramatizadas de diversos autores coma Valle-Inclán, Unamuno e o propio Eugenio Granell.