21-03-2013

A Casa dás Crechas proxecta 100% CEF, un documental froito da edición e a montaxe de case cen horas de gravación con entrevistas, colaboracións artísticas, lecturas de poemas e musica, que axuda a debuxar un retrato contemporáneo e pouco académico de Celso Emilio Ferreiro, 100 anos logo do seu nacemento. Este traballo audiovisual, escrito e dirixido polo celanovés Aser Álvarez e con Luís Tosar no papel de Celso Emilio, foi gravado en Celanova, Acebedo, Vigo, Pontevedra, Santiago, Asturias e Ourense. A TVG,  a Xunta de Galicia e os concellos de Pontevedra, Vigo e Celanova, ademais de ducias de empresas e particulares colaboran neste traballo, promovido por Arraianos e coproducido con Asombra. Ao longo dunha hora de duración, Celso Emilio Fereiro (Celanova, 1912- Vigo, 1979) é (re)construído a través de entrevistas con familiares, expertos, historiadores, literatos, amigos e grazas á participación de persoas anónimas e coñecidas que recitan, len, rapean e cantan os seus poemas, demostrando que CEF é un dos poetas máis populares de Galicia.
“É un documental biográfico pero que non aspira a abarcar toda a súa vida e obra, senón que se trata dun exercicio interpretativo onde damos voz a xente moi diversa e heteroxénea“, asegura o director, guionista e productor executivo, Aser Álvarez. Este traballo audiovisual, que conta con Luís Tosar no papel de Celso Emilio, pechou os actos do Centenario de CEF. Esta montaxe é o resultado dun intenso traballo de investigación e achega á vida e obra do poeta de Celanova, que levou ao equipo dirixido por Álvarez a rebuscar en arquivos de Asturias, Celanova, Madrid, Vigo, Pontevedra e Venezuela.
Este “retrato poliédrico e moi ferreirano” de CEF faise a través de charlas cos seus fillos, Isabel e Luís, os seus biógrafos, Xesús Alonso Montero e Ramón Nicolás, o seu amigo e paisano, o expresidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín; Xosé Neira Vilas, Suso de Toro ou Xosé María Álvarez Cáccamo, Anxo Angueira e Daniel Salgado, entre outros.
Os poemas chegan coa voz de cantantes como Luís Emilio Batallán, Xiana e Xosé Lastra, Mini e Mero, pero sobre todo co punk dos Labregos do Tempo dos Sputnik, e co rap máis contemporáneo de Ferriman, Nuno e Fred.
O documental tamén conta coas colaboracións de artistas como Baldo Ramos, que elabora un libro de artista que funciona como fío condutor do documental, Francisco Leiro, Manolo Paz ou Baldomero Moreiras.

Máis información:
Lugar: Casa dás Crechas
Localización: Rúa dá Via Sacra, 3, Santiago de Compostela, 15782
Hora de inicio: 20:00
Data de inicio: 21/03/2013
Gratuito: Si

21-03-2013

O Venres 22/03 no Museo do Moble e dá Madeira (MOME) da Estrada ,terá lugar a proxección do documental sobre a vida de Celso Emilio Ferreiro, 100% CEF, unha peza nomeada aos Premios Mestre Mateo 2013 da Academia Galega do Audiovisual, como mellor traballo documental. A obra será presentada polo seu director, guionista e productor executivo, Aser Álvarez.
O pase está programado para as 20.30 horas. O documental foi presentado tamén aos Premios Iris da Academia das Ciencias e das Artes da Televisión de España, ademais de entrar en concurso en varios festivales nacionais e internacionais de documentales.

17-03-2013

Homenage a Celso Emilio Ferreiro organizada pola Associaçom Cultural Roxin Roxal. Actuaçom musical de Mini e Mero,María Manuela e Xiana Lastra sobre o livro-disco “O meu primeiro Celso Emilio”.
Betanços,Sexta-feira 15 de Março  2013.

Velahí algunhas das cancions.

[button href=”http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=WtHBVrpX5yg” color=”red” icon=”star” ]Maria Soliña[/button] [button href=”http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=s-0JmzYlRXc” color=”red” icon=”star” ]Agardarei[/button] [button href=”http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=82fApF5cyNE” color=”red” icon=”star” ]Eu en tí[/button] [button href=”http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=nkBpWDHIkzw” color=”red” icon=”star” ]Irmaus[/button]

 

 

14-03-2013, Roxin Roxal,Asociación Cultural libre de Paderne

A próxima Sexta-feira (Venres) 15 terá lugar na Aula de Municipal de Cultura de Betanços um acto de homenage a Celso Emilio Ferreiro no centenário do seu nacemento. O acto será duplo, e constará da presentaçom do livro Cartafol de soños, editado pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda, e a actuaçom musical de Mini, Mero, María Manuela e Xiana Lastra sobre o livro-disco O Meu Primeiro Celso Emilio.
Os actos começarám às 8 do serám e despois, como de costume, teremos organizada umha pequena velada de pinchos no bar-restaurante Os Arcos (10 ou 12€). As e os que desejarem ficar despois do acto, por favor, avisai-nos para comunicá-lo ao estabelecemento.

11-03-2013

Hoxe 11 de Marzal do 2013, as 19:30 horas no Ateneo de Madrid ,Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro.

Organizan o Centro de Estudios Galegos do Ateneo de Madrid e o Centro de Estudios Galegos da Universidade Complutense de Madrid.

7 de marzo de 2013,Iria Flavia (Coruña)

As entidades intercambian en copia dixital os fondos correspondentes á intensa relación que ambos escritores mantiveron.

Trátase de máis de 170 cartas cruzadas e diverso material relativo á revista de creación literaria “Papeles de Son Armadans”, fundada e dirixida por Cela de 1956 a 1979 e na que colaborou activamente Celso Emilio Ferreiro

.– A Fundación Pública Galega Camilo José Cela e a Fundación Celso Emilio Ferreiro veñen de realizar un importante intercambio documental que permitirá a estudosos e investigadores destes dous grandes escritores galegos o acceso ao fondo documental conxunto que se conservaba en ambas fundacións.

Deste xeito, póñense a disposición da comunidade científica máis de 170 cartas e documentos que amosan a intensa relación literaria e profunda amizade que uniu ao premio Nobel padronés e ao poeta de Celanova dende finais dos 40 ate o falecemento do segundo en 1979. Unha relación que se consolidou nos anos 50 a raíz da continua colaboración do poeta na revista de creación literaria Papeles de Son Armadans (fundada e dirixida por Cela entre 1956 e 1979) e por mor da participación de Celso Emilio nas Conversaciones poéticas de Formentor organizadas tamén por Cela en 1959.

Referencias persoais, anécdotas e expresións de profundo amor a Galicia impregnan esta relación epistolar que, sen dúbida, sorprenderá a moitos, pero que non deixa de ser unha mostra máis da enorme personalidade destes dous clásicos.

Dende ambas institucións quérese salientar que este é o primeiro banzo dunha liña de traballo conxunto en prol do fomento da obra de Cela e Ferreiro, á procura dun beneficio mutuo na difusión do traballo de ambos creadores.

 

 

 

07-03-2013

Onte no Teatro Colón da Coruña tivo lugar o concerto “O meu primeiro Celso Emilio”Oito poemas de Celso Emilio Ferreiro, revisadas por Xurxo Varela e Nani García, foron interpretadas onte no Teatro Colón nun concerto patrocinado pola Fundación Celso Emilio Ferreiro e Edicións Xerais. Versións musicais de Agardarei , Moraima, Erguerémo-la espranza, Eu en tí, María Soliña, Cantares,I rmaus e A mulata Coromoto, foron interpretadas por grandes artistas do panorama galego como Xiana Lastra, María Manuela, Mini e Mero. A música estivo acompañada neste acto por imaxes e vídeos que lembraban a figura do poeta de Celanova e rematou con “Cantiga a morte de Celso Emilio”, unha peza musicada por Miguel Varela, adicada pola poeta Ana Caxiao  a Celso Emilio.

01-03-2013, Ateneo de Madrid

Centenario de Celso Emilio Ferreiro, Conferencia.

Agrupación de Estudios Gallegos do Ateneo de Madrid. Centenario de Celso Emilio Ferreiro.
 Interveñen: Xesús Alonso Montero, X. Luis Méndez Ferrín, Carmen Mejías.

Recital poético: Luz Pichel e Fermín Bouza. Salón de Actos. 20.00 horas. Luns 11/03/2013.