07-03-2013
Onte no Teatro Colón da Coruña tivo lugar o concerto “O meu primeiro Celso Emilio”. Oito poemas de Celso Emilio Ferreiro, revisadas por Xurxo Varela e Nani García, foron interpretadas onte no Teatro Colón nun concerto patrocinado pola Fundación Celso Emilio Ferreiro e Edicións Xerais. Versións musicais de Agardarei , Moraima, Erguerémo-la espranza, Eu en tí, María Soliña, Cantares,I rmaus e A mulata Coromoto, foron interpretadas por grandes artistas do panorama galego como Xiana Lastra, María Manuela, Mini e Mero. A música estivo acompañada neste acto por imaxes e vídeos que lembraban a figura do poeta de Celanova e rematou con “Cantiga a morte de Celso Emilio”, unha peza musicada por Miguel Varela, adicada pola poeta Ana Caxiao a Celso Emilio.