Celso Emilio no MOME da Estrada

21-03-2013

O Venres 22/03 no Museo do Moble e dá Madeira (MOME) da Estrada ,terá lugar a proxección do documental sobre a vida de Celso Emilio Ferreiro, 100% CEF, unha peza nomeada aos Premios Mestre Mateo 2013 da Academia Galega do Audiovisual, como mellor traballo documental. A obra será presentada polo seu director, guionista e productor executivo, Aser Álvarez.
O pase está programado para as 20.30 horas. O documental foi presentado tamén aos Premios Iris da Academia das Ciencias e das Artes da Televisión de España, ademais de entrar en concurso en varios festivales nacionais e internacionais de documentales.